O dono dunha discoteca pontevedresa nega ter abusado sexualmente dunha camareira
Por Oskar Viéitez
O acusado Leonardo R.P. negou ter abusado sexualmente dunha antiga empregada. Este home, que naquel momento rexentaba en Pontevedra a Discoteca Río Latino, defendeu a súa inocencia ante a Sección Segunda da Audiencia Provincial asegurando que na madrugada do 7 de maio do 2011 non estivo coa camareira.
Segundo a versión facilitada por este empresario aquela noite chegou á súa casa de Marín en taxi e aínda que a presunta vítima, que tamén era veciña, estivo noutras ocasións no seu domicilio, non a viu esa madrugada.
Respondendo á fiscal, Ana María Rivas, dixo "no encontrar ningún motivo, ninguna explicación" para que a moza lle acuse de abuso sexual e afirmou que sentía "respeto" pola camareira coa que dixo "me llevaba bien".
Pola súa banda nunha comparecencia a porta pechada, a muller reiterou ante o tribunal a súa acusación mantendo que se atopou co seu xefe no casco urbano de Marín sobre as tres da madrugada. Que ela acababa de discutir coa súa parella, "estaba desolada" e que o acusado invitouna a subir ao seu domicilio onde estiveron charlando no seu dormitorio.
Tras consumir ron con coca-cola, a moza quedouse profundamente durmida "debido a que era muy tarde y que no era el primer cubata que se bebía esa noche", apuntou a fiscal. Foi entón cando se produciron os abusos que lle imputa a Fiscalía e que o empresario rexeita.
O Ministerio Público mantén que a declaración da moza é "verosímil"
A presunta vítima "se despertó mientras estaba siendo penetrada, no mostró oposición pero sí le llamó la atención y empezó a insultarle", segundo referiu a fiscal, Rivas Santaló, durante o xuízo.
O Ministerio Público mantén que a declaración da moza é "verosímil" e sostivo ante o tribunal que "no ha quedado ninguna duda de que se produjo la agresión" pola "convicción, sinceridad y los detalles aportados en su testimonio mantenido a lo largo del tiempo" engadindo que non existe "ningún móvil espúreo".
"Decidió denunciar, no por ella, sino para que no se repita", sinalou a fiscal, Ana María Rivas Santaló, que leva a acusación. Como proba a Fiscalía aportou un informe pericial no que se acredita que algúns dos restos de semen recollidos nunha braga da muller son do acusado.
A fiscal considera que estes feitos son constitutivos dun delito de abusos sexuais por que o que pide ao tribunal que condene ao procesado a seis anos de prisión e á prohibición de aproximarse a menos de 100 metros da súa presunta vítima e do seu domicilio e lugar de traballo e de comunicarse con ela durante sete anos. En concepto de danos morais, pide para o acusado que abone á muller unha indemnización de 10.000 euros.