Carolina Bescansa chama á participación nas primarias de Podemos nun encontro con inscritos de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Carolina Bescansa, deputada de Podemos e unha das fundadoras do partido morado, fixo unha parada en Pontevedra este venres dentro da súa ruta por distintas cidades de Galicia para presentar a súa candidatura nas primarias para a secretaría xeral do partido en Galicia e aproveitou para facer un chamamento á participación no proceso interno.
A candidata para dirixir Podemos Galicia participou nun acto de campaña na cervexaría 'El Pasaje' acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento de Galicia Julia Torregrosa, que forma parte da lista da candidatura 'Eu ❤Futuro para Galicia' de Bescansa.
A socióloga compostelá mantivo un encontro cunha vintena de inscritos e, en declaracións aos medios de comunicación, explicou que está a facer un chamamento para que todos os inscritos entren na web participa.podemos.info e fagan o "pequeno trámite" de subir as fotografías do seu DNI para validar a súa inscrición. É consciente de que este trámite "fai a cousa un pouquiño máis difícil", pero indica que "se pode facer perfectamente" e anima a dar o paso para poder votar nas Primarias.
Ademais, presentou cinco dos puntos do seu "decálogo para construír un futuro para Galicia": sanidade, educación, unha Galicia libre de machismo, loita contra o caciquismo e a corrupción e a transformación do modelo produtivo galego.
A candidatura de Bescansa, encabezada por dez mulleres, loita por unha Galicia libre de machismo, que pasa por "tratar de levar ás institucións ou grande impulso do movemento do 8 de marzo deste ano", do que destaca que en Galicia "tivo tantísima repercusión", e por dar ás vítimas de violencia de xénero un tratamento baseado en tres alicerces: verdade, xustiza e reparación.
En relación coa transformación do modelo produtivo, aposta por un incremento do valor engadido na produción e por unha política sen caciquismo nin corrupción como "única posibilidade" para logralo, pois entende que non é posible facer unha transición enerxética e unha transformación do modelo produtivo "se non temos mecanismos que garanten que as persoas máis cualificadas son as que acadan vos postos de traballo" e "se non temos a garantía de que as axudas públicas e ou diñeiro público on danse a aqueles proxectos que teñen máis forza para transformar ou país".
En materia de sanidade, a proposta é reverter o efecto dos recortes da Xunta de Alberto Núñez Feijóo e garantir a sanidade universal mentres que en materia educativo propón a creación de tres grandes mesas de defensa dos ensinos de primaria, secundaria e educación profesional.