O PSdeG-PSOE fai unha chamada á "rebelión" contra as políticas sociales do Partido Popular
Por Oskar Viéitez
O PSdeG-PSOE fai unha chamada á "rebelión" contra as políticas sociales do Partido Popular. Segundo dixo a coordinadora da área de Promoción Económica e Emprego e viceportavoz no Parlamento del PSdeG, Carmen Gallego, "queremos facer un chamamento ao conxunto de forzas políticas, sindicais, ONGs, e a cidadanía, para que se rebelen contra esta política que se nos presentan como a única posible cando non é certo".
Carmen Gallego acompañada da secretaria de políticas sociais e sanidade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, Margarita Castejón; mantivo este martes un encontro cos responsables locais nesta materia na sede provincial.
Segundo explicaron os cambios sufridos en materia social cos recortes do goberno do Estado e na Xunta serviron "para aplicar a máis dura ideoloxía do Partido Popular, incrementando o número de persoas no noso país que van cara a exclusión social".
Carmen Gallego facilitou un dato "impactante" coma é que en Galicia existan a día de hoxe, "262.000 persoas en risco de pobreza ou exclusión social".
"O PP está a convertir os dereitos do Estado asistencial en beneficiencia e caridade", dixo a parlamentaria socialista para xustificar toda unha serie de mocións que os concelleiros do PSdeG van presentar en todos os concellos de Galicia ademáis doutras inciciativas parlamentarias.