Sanxenxo espera que o reaberto parque empresarial de Nantes cre uns 4.000 empregos
Por Redacción
O salón de plenos do Concello de Sanxenxo acolleu este luns o acto de recepción do parque empresarial de Nantes, do que se espera que xere uns 4.000 empregos.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, destacou que se trata dun día "histórico" para Sanxenxo. Xunto a el, participaron no acto o presidente do consello reitor do parque empresarial, representantes das asociacións de empresarios e técnicos municipais.
Esta recepción supón que, despois de 16 anos e 16,5 millóns de euros investidos, o polígono pasa a ser público salvo as respectivas parcelas que terán titularidade privada.
A firma desta acta tamén implica a posta en funcionamento dos 650.000 metros cadrados do parque empresarial de Nantes, no que se prevé investir uns 150 millóns de euros.
"Estamos encantados de ser un municipio turístico y lo seguiremos siendo, pero es muy importante tener una segunda actividad", explicou Martín.
Sanxenxo pasará a ser titular "sin coste algún" para as súas arcas municipais de case 40.000 metros cadrados de parcelas urbanizadas, sobre as que se poden construír naves comerciais, industriais ou edificacións de servizo, 76.500 metros cadrados de zona verde, 14.000 metros cadrados de parcelas destinadas a equipamentos municipais de uso público e 7.500 metros cadrados de parcelas para equipamentos urbanos.
Relacionadas:
-
O parque empresarial de Nantes empeza a xerar emprego
Por Oskar Viéitez |
-
Unha trintena de parcelas do polígono de Nantes xa tramitan as súas licenzas
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín asegura que o polígono de Nantes podería estar en funcionamento en seis meses
Por Oskar Viéitez |