Un mercado de época para que Vilagarcía se achegue a un universo medieval nas Festas de Santa Rita
Por Aitana Vidal
Artesanía tradicional e postos de venda de comida configuran o centro do Mercado de ÿpoca que se pode visitar durante as Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa na zona da Xunqueira.
Este mercado tiña o seu inicio previsto para o sábado 18 pero un atraso de moitos dos artesáns que se encontraban noutra feira en Eivissa levou a que a actividade arrancase en plenas condicións o luns 20 de maio. Neste mercado encóntranse vendedores que chegan de distintos puntos de España e ofrecen produtos curiosos que atraen a numeroso público ata a zona.
Vilagarcía ademais, celebra este mércores o primeiro centenario do Concello mediante a unión de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril ademais do centenario das festas de Santa Rita. Por este motivo, a congregación das Nais Agostiñas do convento de Vista Alegre entregará medallas conmemorativas aos alcaldes que tivo Vilagarcía.
O acto desenvolverase unha vez rematada a misa solemne das sete da tarde. A entrega desenvolverase na capela de San Cristobo e a continuación as autoridades participarán na procesión polas rúas da cidade.