Abertas as inscricións para as 'Rutas fotográficas polas Terras de Pontevedra'
Terras de Pontevedra propón un percorrido polos concellos que conforman esta Mancomunidade Turística, coa fotografía e a paisaxe como fíos condutores. Serán sete actividades entre os meses de outubro de novembro baixo o título de "Rutas fotográficas polas Terras de Pontevedra".
Estas rutas fotográficas, temáticas e abertas ao público, desenvolveranse polos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
DATAS E SAÍDAS PREVISTAS
1- Domingo 28 de outubro: Campo Lameiro, ruta onde a paisaxe fluvial é a grande protagonista
2- Sábado 3 de novembro: Ponte Caldelas, ruta para coñecer a fauna e flora do río Verduxo
3- Sábado 3 de novembro: Contemplando estrelas e outros astros no Observatorio Astronómico de Cotobade
4- Domingo 4 de novembro: Pontevedra, paseo botánico pola Finca de Lourizán
5- Domingo 11 de novembro: Marín, micoloxía no Lago de Castiñeiras
6- Domingo 11 de novembro: Vilaboa, ruta polas as Salinas de Ulló
7- Domingo 18 de novembro: Poio, ruta para coñecer as aves, praias e outros recursos da costa
*As datas poderán variar en función das condicións meteorolóxicas
As saídas realizaranse en horario de mañá, de 10:00h a 14:00h, agás a saída nocturna en Cerdedo-Cotobade (ás 21:30h) e a visita ás Salinas de Ulló, que se realizará en horario de tarde, de 16:00h a 20:00h.
En cada unha das rutas (a excepción da saída sobre recursos astronómicos que terá un programa diferente) contarase con profesionais da fotografía e coñecedores do medio natural, que acompañarán ao grupo durante todo percorrido.
O naturalista será o encargado de informar sobre os valores naturais de especial interese que o grupo se atope no seu camiño durante a realización das rutas.
A fotógrafa facilitará aos asistentes consellos e pautas para que estes aprendan a sacar o mellor partido as súas cámaras fotográficas no referente á fotografía de campo: enfoque, profundidade de campo, luminosidade ou encadre, entre outras. Os asistentes realizarán cantas fotos queiran ao longo da xornada.
FOTOBLOG COLABORATIVO
Unha vez rematadas as saídas, todos os participantes que así o desexen poderán enviar algunhas das fotos realizadas durante a celebración da actividade ao enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com, co fin de alimentar un fotoblog colaborativo no que divulgar e poñer en valor unha parte da grande riqueza natural existente nos diferentes concellos do territorio: https://rutasterrasdepontevedra.blogspot.com
QUE É PRECISO LEVAR ÁS RUTAS FOTOGRÁFICAS?
- Cámara fotográfica (ou no seu defecto cámara do teléfono móbil)
- Outro material fotográfico do que se dispoña (trípode, flash, monopé, parasol, filtros, etc)
- Equipamento axeitado a unha xornada de campo: vestimenta cómoda, botas de montaña ou calzado deportivo (evitar, por exemplo, sandalias ou tacóns) gorra, paraugas (en caso de choiva), etc
- É convinte levar algo de auga (ou outra bebida) e un pequeno tentempé de avituallamento
INSCRICIÓN GRATUITA E OBRIGATORIA
É imprescindible a inscrición previa a través do enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com ou a través do teléfono/whatsapp: 649012530, indicando os datos de contacto e os nomes das rutas (ou ruta) ás que se desexen apuntar.
O número de integrantes de cada saída está limitado a 20 persoas por rigorosa orde de inscrición.
O enderezo electrónico e o teléfono indicados para inscribirse son tamén os medios de contacto para solucionar calquera dúbida sobre a actividade.