PontevedraViva Radio colabora con Morcego para a emisión do primeiro podcast en galego sobre videoxogos
Por Redacción
Os 'gamers' dispoñerán a partir deste luns 29 de outubro de 'A gruta de Gizamaluke', un novo programa e podcast de PontevedraViva Radio centrado en temática de videoxogos. Trátase ademais do primeiro podcast deste tipo en galego.
A proposta é resultado da colaboración aberta co xornalista Carlos Pereiro, creador e xestor de Morcego, primeira revista dixital sobre videoxogos igualmente en galego.
Semanalmente, os luns ás 22.00 horas en streaming, poderás escoitar a actualidade do mundo dos videoxogos, lanzamentos, análises das novidades, entrevistas, reportaxes..., ou escoitar ou descargar o podcast cando prefiras. O pontevedrés Carlos Pereiro, Charlie, rodéase ademais de colaborades 'ad hoc', como Ruchito, streamer arousán.
Se cho contan xenial!, pero mellor será que te achegues ata 'A gruta de Gizamaluke' e sexas ti quen llo conte aos demais.
Relacionadas:
-
O rock e o heavy metal chegan a PontevedraViva Radio con programa propio
Por Redacción |
-
RADIO.- O 'Black Friday' chega tamén ata A gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
O campus de Pontevedra renova o seu "escaparate" radiofónico
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke xoga ao completo
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke estréase coa saída de Red Dead Redemption 2
Por Redacción |
-
Os videoxogos 'falan' galego: Nace en Pontevedra a revista dixital Morcego
Por Alejandro Espiño |
-
Tecnoloxía, competencias dixitais e videoxogos na quinta edición de Pont-Up Store
Por Redacción |