A rehabilitación da Xunqueira de Alba empeza a tomar forma
Por Redacción
Os traballos de rehabilitación que se están levando a cabo na Xunqueira de Alba empezan a notarse.
Nos últimos días a empresa adxudicataria dos traballos, Naturgalia, centrouse na reparación das pasarelas de madeira, que se atopaban notablemente deterioradas.
Así o puideron comprobar tanto o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, como o concelleiro de Parques, Alberto Oubiña, nunha visita á zona.
Entre as pasarelas rehabilitadas atópase a de Pontecabras, que aínda está pechada ao paso. Ademais mellorouse o posto de avistamento de aves e continuarase coa outra pasarela de madeira que conecta a Xunqueira co Camiño de Santiago.
Por outra banda nos próximos días iniciarase a creación dun miradoiro na entrada do parque, aproveitando o espigón dun das pontes que cruzaba a primeiro cana do río Rons.
O que se finalizou é a limpeza dos sumidoiros e da canalización de recollida de augas pluviais, e tamén se repararon os bancos e o resto do mobiliario urbano.
O orzamento desta actuación ascende a 184.735,57 euros.