Marea Pontevedra presenta os aspirantes a acompañar a Luís Rei
Por Oskar Viéitez
As persoas inscritas nos procesos de primarias de Marea mantiveron este venres un encontro cos aspirantes para formar parte da lista que presente esta formación ás eleccións municipais de maio de 2019. Trátase da segunda fase de primarias, tras a elección do candidato a alcalde, Luís Rei.
Eles son:
- Jaime Acuña Torres, politólogo e activista na parroquia de Lourizán
- David Carballal Vázquez, autónomo e veciño de Mollabao
- Guillermo Casalderrey Rivas, arquitecto e veciño de Lérez
- Herminia Dios Poceiro, psicóloga e veciña de Lérez
- Alicia Fernández Moldes, auxiliar socio-sanitaria e veciña de Monte Porreiro
- Manuel Fontán Bouzas, enxeñeiro de montes e funcionario da administración local
- Carmen González Novoa "Peque", profesora e coordinadora de Marea Pontevedra
- María Luísa Lores Aguín "Mariquiña", radióloga e activista de SOS Sanidade Pública
- José Luís Vidal Laiño, xubilado e fundador da Federación de Veciños Castelao
Tamén este venres, as deputadas de En Marea Ángela Rodríguez, Paula Quinteiro e Marcos Cal, compareceron en Pontevedra ante a sede do Centro de Información ás Mulleres (CIM) para informar das iniciativas presentadas e os recursos da loita contra a violencia machista no Parlamento e no Congreso.