Ricardo Martínez e Alberto Acuña, candidatos do PP en Vilaboa e Portas
Por Redacción
O presidente do Partido Popular provincial, Alfonso Rueda, presentou aos candidatos para as próximas eleccións municipais nos concellos de Vilaboa e Portas, que son Alberto Acuña e Ricardo Martínez, respectivamente
Alberto Acuña naceu en 1987 no barrio vilaboés de Borrateiros. Desde o pasado mes de xuño entrou na corporación municipal como concelleiro na oposición e é secretario da xunta local.
É técnico superior en Administración e Finanzas e mediador en asuntos civís, mercantís e familiares e esta acabando o grao en Dereito pola UNED. Forma parte da xunta directiva da comunidade de montes de Figueirido desde 2015, secretario da comisión de festas de San Benito e organizador da Festa da Xuventude.
Ricardo Martínez, o actual concelleiro encargado de Obras en Portas, tomará o relevo como candidato popular de Víctor Estévez, que na súa primeira experiencia política en 2015 lograba ser alcalde en minoría. Desde o primeiro momento, Martínez actuou no goberno local de Estévez como responsable de Obras e tenente de alcalde.