Só un de cada catro fogares pontevedreses utiliza o gas cidade
Por Oskar Viéitez
As comercializadoras venden o gas natural como o combustible que menos contamina, quenta con rapidez e non necesita almacenaxe previa, ata presumen de que a cobertura no municipio de Pontevedra é "total". Con todo só un de catro fogares pontevedreses elixiu o gas cidade fronte a outras alternativas enerxéticas.
O director xeral de Gas Natural, Roger Serrat e o delegado en zona sur de Gas Galicia, Rafael Varea, presumiron este mércores de que esta compañía distribuidora investiu máis de 3,5 millóns de euros en infraestructuras enerxéticas no área de Pontevedra composta por 13 municipios.
"Esto suma más de 25.000 puntos de suministro y 320 kilómetros de red de distribución", sinalou Varea, "y está previsto iniciar el proyecto de gasificación del municipio de O Grove antes de final de año". Tan só a cidade de Pontevedra conta con 13.560 puntos de fornezo.
Segundo Roger Serrat durante este ano destinarán 27 millóns de euros para continuar co plan de expansión e o desenvolvemento de redes de distribución de gas en Galicia.
En canto ao proxecto de gasificación de Ribadumia a compañía investiu 560.000 euros na construción de sete quilómetros de rede para chegar ao núcleo urbano, na zona de Barrantes, onde a empresa energética iniciou o servizo a finais de novembro de 2012. Para dar fornezo de gas natural a este municipio executouse un ramal desde Cambados que cruza o río Umia.
A pesar do "momento dulce" que segundo o director xeral de Gas Natural está vivindo esta empresa o seu "índice de penetración", é dicir, o número de puntos de fornezo sobre o total de vivendas, mantén un nivel baixo cun 27%, tal e como recoñeceu Serrat.
DISTRIBUCIÿN DE GAS NATURAL EN GALICIA
Gas Natural conta con 230.000 puntos de fornezo en Pontevedra. A rede de transporte e distribución incrementouse en máis de 210 quilómetros en 2012 e xa se supera os 2.470 quilómetros.
Actualmente Gas Natural Fenosa distribúe en 63 municipios galegos a través da súa compañía distribuidora, o que permite que o 64 % da poboación galega poida dispoñer de gas natural nos seus fogares, industrias e establecementos comerciais.