As promocións inmobiliarias de Tafisa, en marcha coa primeira licenza
Por Redacción
O Concello de Pontevedra vén de aprobar a primeira licenza para unha promoción inmobiliaria nos terreos de antiga fábrica de Tafisa, á carón do río Lérez.
Trátase dunha promoción, impulsada pola empresa Metrovacesa, que prevé construír dous edificios con 92 vivendas e 189 prazas de garaxe e que, ademais, contará con local social, piscina e ximnasio. Estarán situados xunto o actual estacionamento de autocaravanas.
O goberno municipal sinala que este expediente urbanístico é unha "boa nova" para Pontevedra, xa que supón o inicio da urbanización desta gran área urbana.
Ademais, celebran que se sume a outras promocións en marcha na cidade, que demostran o inicio da recuperación do sector da construción no municipio.
NUMARSI NO CAMPIÑO
O goberno tamén deu licenza á empresa Numarsi, Nuestro mar de siempre, adicada á transformación de produtos do mar, para rehabilitar unha nave xa existente no polígono industrial do Campiño.
Relacionadas:
-
Promoven un novo centro para a terceira idade con vivendas estilo cohousing na zona de Tafisa
Por Natalia Puga |
-
Piden licenza para construír un novo edificio nas parcelas de Tafisa
Por Diego Espiño |
-
O xulgado saca a poxa tres solares en Tafisa para reclamar 21 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra abre ao público as 350 novas prazas de aparcadoiro nos antigos terreos de Tafisa
Por Redacción |
-
Dúas promotoras proxectan 66 novas vivendas entre Joaquín Costa e Doce de novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Así quedaría a urbanización de Tafisa se segue adiante o proxecto de 200 vivendas
Por Natalia Puga |