Unha queima non autorizada na Praza de Touros provoca a alarma veciñal
Por Oskar Viéitez
Unha gran fumareda na Praza de Touros alertó este mediodía aos veciños do barrio de San Roque. Moitos dos residentes da zona chamaron aos bombeiros que mobilizaron varias dotacións ata o coso. Ata alí acudiron tamén patrullas da Policía Nacional e da Local.
Con todo, aínda que había lume todo resultou unha falsa alarma. Segundo informou o portavoz da Policía municipal, Manuel Omil, "tratouse dunha queima controlada por parte dos empregados da Praza de Touros".
Estes traballadores estaban queimando os restos de palla utilizados este fin de semana para acondicionar o recinto durante a estancia nocturna dun centenar de cabalos participantes na Ruta Cabalar entre Sanxenxo e Sabucedo.
Os axentes da comisaría local abriron un expediente xa que a queima carecía do permiso oportuno, polo que podería ser obxecto dunha sanción. O suceso tivo lugar sobre as 14:00 horas.