Sete adolescentes de Pontevedra están protexidas por ser vítimas de violencia machista
Por Alejandro Espiño
As autoridades están preocupadas polo alarmante incremento da violencia machista entre os mozos galegos. Así o advertiu a Fiscalía, que nun informe recente detalla que nos últimos tres anos multiplicáronse por catro o número de casos entre adolescentes.
A este respecto, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, desvelou que na actualidade hai sete mozas de Pontevedra, entre 14 e 17 anos, que están a ser protexidas polas forzas e corpos de seguridade do Estado como vítimas de violencia de xénero.
En toda Galicia, engadiu, o número de casos activos ascende a 24.
Ademais, o número de denuncias incrementouse un 13% no últimos catro anos.
Todo iso, segundo Larriba, demostra que é "cada vez máis necesario" que se adopten medidas para concienciar aos mozos da lacra que supón a violencia machista e que as vítimas deste tipo de comportamentos "coñezan os seus dereitos".
"As mulleres, teñan a idade que teñan, teñen que saber que non están soas e que as administracións están a poñer todos os recursos que teñen á súa disposición para combater esta lacra", destacou a subdelegada.
Actualmente na provincia de Pontevedra hai activos 1.060 casos por violencia machista.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: 'Adolescentes 2.0' unha guía práctica de Roberto Antón para para traballar e convivir con eles
Por Marisa Ciordia |
-
Sete denuncias por violencia de xénero en Pontevedra en tan só 10 días de 2019
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un mozo de 28 anos, detido por darlle puñadas e labazadas a unha muller en plena rúa
Por Redacción |
-
Pontevedra 'tirará das orellas' ao ámbito xudicial con motivo do 25-N
Por Alejandro Espiño |
-
Oito de cada dez reclusas sufriron violencias machistas
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan a segunda edición do concurso escolar de debuxo e relatos contra a violencia machista
Por Alejandro Espiño |
-
A provincia de Pontevedra ten activos 1.044 casos de violencia de xénero
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |