CIG-Saúde denuncia esperas de máis de 24 horas en Urxencias por unha cama, que a Xerencia desminte
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A pesares da insistencia da Xerencia de que non quedan pacientes máis de 24 horas en Urxencias, dende o sindicato CIG-Saúde desminten "rotundamente" esta afirmación.
CIG-Saúde sinala que esta situación se produce "namentres se están facendo operacións de varices" mediante as chamadas "peonadas".
Aseguran que "hai pacientes de 90 anos agardando nunha padiola en urxencias día e medio".
"Estamos a favor de reducir as listas de cirurxía, pero non dando prioridade á cirurxía menor, cando temos pacientes graves esperando por unha cama para ingresar", din dende este sindicato.
Explica CIG-Saúde que estas cirurxías menores ocupan camas e duplican o traballo do persoal dos diferentes servizos, mentras "non se contrata persoal salvo casos moi puntuais, e cando se fai é de xeito precario", por horas ou para as fins de semana "o que está obrigando a que moitos profesionais de enfermaría soliciten a suspensión de chamamentos". Esta situación provoca que non haxa profesionais dispoñibles para a cobertura das ausencias que se producen.
Para CIG-Saúde, o plan de continxencia contra a gripe non é máis que "propaganda" e advirten que "desgraciadamente veremos un ano máis os servizos de urxencias colapsados".
A XERENCIA DI QUE A INFORMACIÓN DA CIG É "FALSA"
Segundo a Xerencia do Complexo Hospitalario, a información difundida polo sindicato CIG é "falsa". Desde a dirección do Hospital Montecelo comprobáronse os indicadores da mañá, ás 08.00 horas, e "non había ningún paciente en espera de cama en Montecelo".
Ademais, segundo explican desde a xerencia, tanto a primeira como a última hora da mañá, había camas libres e dispoñibles no Hospital Montecelo e tamén no Provincial.
Relacionadas:
-
Aumentan os casos de gripe en Urxencias, pero só hai cinco pacientes hospitalizados en Montecelo
Por Redacción |
-
Alerta para os pacientes de gripe: Urxencias hospitalarias debe ser o último recurso
Por Anxo Lourido |
-
Sanidade anima os cidadáns a contaxiar a súa enerxía "e non a gripe"
Por Redacción |