O Concello de Marín valora como "moi positiva" a masiva festa de Samaín na Finca de Britz
Por Redacción
A primeira edición da festa Samaín Britz, organizada pola Fundación Xoán XXIII co apoio do Concello de Marín, desbordou todas as previsións.
A masiva participación no evento, celebrado na Finca de Briz, fai que desde o goberno local fágase unha valoración "moi positiva", ademais de agradecer o esforzo de voluntarios e valorar a implicación de usuarios da asociación e persoas con discapacidade que se puxeron á fronte e "desenvolveron un labor impecable", sinalan desde o Concello.
O gran recibimento da festa de Samaín fai pensar xa nunha segunda edición na que ir puíndo algúns problemas xurdidos pola alta presenza de veciños e veciñas de Marín, como as colas "excesivamente longas" en ocasións, inconvintes polos que os responsables quixeron pedir desculpas.
Con todo iso non embazou o bo ambiente vivido nun evento que á vez serve como un proxecto inclusivo para persoas con discapacidade e no que os asistentes puideron gozar dunha tarde-noite de diversión, natureza, bromas e medo.