Cerdedo-Cotobade encarga un plan para reparar e mellorar a seguridade nos parques infantís
Por Redacción
O presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou o encargo un plan que reflicta o estado actual dos parques infantís do municipio e a necesidade de reparar os xogos, ademais de fixar as melloras de seguridade que se poidan acometer.
Esta idea xorde do estado actual dalgunhas das instalacións, deterioradas polo uso, o paso do tempo ou a climatoloxía.
A intención do goberno local é que sexa elaborado con medios propios, a través da Brigada Municipal de Obras. Despois, cando se establezan as prioridades de actuación, decidirase se as reparacións serán cometidas polo propio persoal municipal, a través dunha empresa externa ou cunha fórmula mixta.
"Imos inspeccionar todos os parques existentes no termo municipal, que en xeral están en bo estado, para ter un plan de actuación e proceder á súa corrección o próximo ano", explicou Cubela nunha visita ao parque infantil de Quireza.
Este proxecto de revisión centrarase no óxido dos parafusos, nos materiais das estruturas, as pintadas, a existencia de brións nos distintos elementos de caucho, o estado do piso amortiguante, a situación dos peches perimetrais e as circunstancias nas que se atopan os xogos e o mobiliario.
Paralelamente o Concello de Cerdedo-Cotobade construirá nos próximos meses novos parques infantís en Viascón, Valongo, Tenorio e Santa María de Sacos.
Relacionadas:
-
A parroquia de Valongo, en Cotobade, terá un novo parque infantil
Por Redacción |
-
Cubela anuncia máis parques infantís en Valongo, Tenorio e Cutián
Por Redacción |
-
O plan parroquial de Viascón, en marcha cun novo parque infantil
Por Redacción |
-
Obras de seguridade viaria e un parque infantil integran o plan parroquial de Valongo
Por Redacción |
-
Un investimento de 170.000 permitirá crear un parque infantil e mellorar a Casa do Pobo e as pistas de Viascón
Por Redacción |