Concello de Cambados e Deputación desmárcanse da festa "Cubata a un euro"
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra desmenten rotundamente que patrocinen a festa "Cubata a un euro" que organiza a comisión de festas de Santa Cruz.
A denuncia de Xuventudes Socialistas revelou que tanto o Concello como a Deputación figuraban como institucións colaboradoras dunha festa que "fomenta o consumo de alcohol", segundo critica esta organización socialista.
Desde o concello cambadés explicaron que axiña que como se tivo constancia da existencia destes carteis ordenóuselle á comisión de festas a inmediata retirada dos mesmos.
O Concello precisou que a colaboración coas festas das parroquias non significa que se apoie todas as actividades que se promoven nelas.