Un proxecto provincial fomentará o emprego no sector apícola
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar "Depoapicultura", un proxecto para o fomento, a creación e a mellora do emprego en actividades económicas relacionadas co sector apícola.
Esta iniciativa está enmarcado no programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade, e conta cun orzamento de 102.221,84 euros. Dese total, 68.582,43 euros achégaos o Fondo Social Europeo e outros 22.159,41 euros a institución provincial. Ademais, este programa tamén conta cunha colaboración de preto de 12.000 euros da Deputación de Zaragoza.
Segundo explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, este programa, que está destinado a persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, inclúe formación teórico-práctica sobre apicultura sustentable, a creación dunha base de datos cos participantes e a posta en marcha dunha rede que aglutine a axentes implicados no desenvolvemento rural desas zonas.
Silva recalcou a importancia de que as zonas rurais conten con este tipo de proxectos para "loitar contra a desertización".
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas acolle un curso de apicultura sostible
Por Redacción |
-
Cuntis e Caldas de Reis poñen en marcha os proxectos "Empleaverde"
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra, eloxiada polas súas iniciativas para evitar a despoboación do rural
Por Redacción |
-
Veciños de Cuntis formáronse en hortofruticultura sustentable
Por Redacción |
-
A Deputación impulsa a apicultura e a agricultura en espazos protexidos
Por Redacción |
-
Cuntis quere fomentar o emprego impulsando o cultivo de hortalizas e froitas
Por Redacción |
-
A Deputación financia unha investigación da Universidade de Vigo para frear a expansión da avispa velutina
Por Oskar Viéitez |