O Concello, aos tribunais contra a revisión da autorización ambiental de Ence

Por Alejandro Espiño
A batalla xudicial do Concello contra Ence non cesa. O goberno municipal confirmou que presentará un recurso contencioso administrativo nos tribunais contra a decisión da Xunta de Galicia de revisar a autorización ambiental integrada á fábrica de Lourizán.
Esta nova autorización ambienta ten unha validez de catro anos e, segundo o goberno galego, adapta este permiso a parámetros de emisións "máis restritivos".
A alegacións presentadas, entre outras entidades, polo Concello de Pontevedra non foron tidas en conta, o que fundamenta o recurso que presentarán pola vía contencioso administrativa os servizos xurídicos municipais.
Así, o recurso estará baseado -do mesmo xeito que as alegacións rexeitadas pola Xunta- en que Ence non cumpre coas condicións do Plan de Ordenación de Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio aprobadas pola Xunta.
Ademais, o goberno municipal reiterará que a caducidade da concesión de Costas á compañía pasteira non está resolta, que a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Rajoy non é firme ao estar recorrida nos tribunais e que as emisións ambientais de Ence superan as que permite a lexislación.
A tenente de alcalde, Carme da Silva, sinalou que a "estratexia" da Xunta para consolidar a Ence en Pontevedra "non vén de agora" e denunciou que "paso a paso" foron cumprindo os "obxectivos pactados" coa empresa.
Relacionadas:
-
A APDR presenta recurso de alzada contra a revisión da autorización ambiental de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
En Marea presionará para que o Goberno de Pedro Sánchez anule a prórroga de Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Xunta actualiza a autorización ambiental a ENCE con condicións mais restritivas
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE contesta á APDR que os seus datos medioambientais publícanse diariamente na Internet
Por Redacción |
-
A APDR estuda denunciar a Medio Ambiente pola "ocultación de información ambiental"
Por Oskar Viéitez |