Cidadáns non negociará co BNG os orzamentos municipais de Pontevedra
Por Redacción
Do mesmo xeito que ocorreu o ano pasado, Cidadáns non sentará a negociar os próximos orzamentos co goberno municipal.
A concelleira María Rey sinalou que "hai algunhas liñas vermellas que non imos pasar" e entende que "perder o tempo non é o noso".
A negativa de Cidadáns fundaméntase no rexeitamento do BNG a aprobar un novo PXOM, a reducir os lombos na cidade, a non mellorar os servizos sociais ou non facer unha promoción económica "seria", polo que Rey entende que "pouco ou nada teño que ver con eles".
Desde Cidadáns vaticinan que o orzamento de 2019 será un "curta e pega" de anos anteriores e reiteran que non son as contas máis adecuadas para resolver os problemas dos pontevedreses.