Denuncian danos no Camiño Portugués en Barro
Por Oskar Viéitez
O Colectivo na Defensa do Patrimonio A Forneiriña denunciou este venres os danos causados por unhas obras no tramo do Camiño Portugués que discorre polo lugar da Portela, en Barro.
Segundo informaron nun comunicado "unhas obras que están a danar un tramo do camiño que se atopaba empedrado e que foi arrasado con medios mecánicos para a colocación de tubaxe de recollida de augas pluviais".
Sinala este colectivo que estas obras "están a levarse a cabo sen aparente control por parte dos profesionais na materia cos consecuentes danos no patrimonio".
Estes traballos teñen como finalidade mellorar as condicións de tránsito dos peregrinos así como a súa seguridade viaria, explica A Forneiriña, que reclama que "se tomen medidas de control e prevención para evitar danos irreversibles ao patrimonio".
Relacionadas:
-
Un total de 67.822 peregrinos chegaron o ano pasado a Santiago polo Camiño Portugués tradicional
Por Redacción |
-
As asociacións de Amigos do Camiño estudan co conselleiro de Cultura os obxectivos de cara o Xacobeo 21
Por Redacción |
-
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
Hoxe a clase celébrase no Camiño de Santiago
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez aposta por "novas ideas" en turismo e por potenciar o Camiño Portugués
Por Redacción |
-
De Tui a Santiago para visibilizar a loita contra a ELA
Por Redacción |