Piden unha reunión coa conselleira de Educación para abordar a extinción das colonias escolares de Covelo
Por Redacción
A asociación de veciños de Laxedo, en Covelo (A Lama), solicita á nova conselleira de Educación,Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo, unha entrevista na que poidan explicarlle de primeira man as súas inquietudes en relación coa extinción do padroado de colonias escolares de Covelo e os movementos efectuados ata o momento para revitalizar a fundación que as xestionaba e depurar responsabilidades dentro da estrutura da Inspección Técnica de Educación de Pontevedra pola súa extinción
O colectivo, que presentou un recurso contencioso-administrativo pola xestión das colonias en paralelo ao realizado polo Concello da Lama, acaba de solicitar por rexistro a entrevista coa nova conselleira.
Segundo explican, a súa intención é que se esgoten todas as vías que contempla a lei de Fundacións de Galicia para salvar a Fundación das Colonias Escolares de Pontevedra e, desde unha participación compartida entre Concello da Lama e Asociación de veciños de Laxedo, xérese actividade.
Piden tamén que as administracións responsables da deterioración das antigas colonias asuman responsabilidades e revertan dita situación cunha reforma integral do patrimonio.
A asociación veciñal está a impulsar a recuperación da fundación e o seu patrimonio e a posta en valor da súa historia.
Relacionadas:
-
Os socialistas apostan por recuperar as Escolas de Covelo
Por Redacción |
-
O concello da Lama e os veciños de Laxedo pleitean contra a disolución do Padroado de Colonias Escolares
Por Redacción |
-
Cidadáns pide ao Concello da Lama que cumpra co Pladiga e limpe a finca das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
O PSOE pide a baixa de dous concelleiros do PP tras o rexeitamento á recuperación das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Rexeitamento do PP no Parlamento a manter a fundación das colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Alertan de que a extinción das Colonias Escolares supón unha perda de 50 empregos para A Lama
-
A Lama presenta un contencioso-administrativo contra a extinción do padroado de colonias escolares de Covelo
Por Redacción |