ENCE cifra nun 20% o aforro no seu consumo de auga coas melloras feitas na fábrica
Por Redacción
O complexo industrial que Ence ten en Lourizán consumirá, a partir de agora, un 20% menos de auga. Así o aseguran desde a compañía, que vén de completar unha serie de actuacións ambientais nas súas instalacións.
Na súa declaración ambiental de 2017, Ence recoñecía que a súa fábrica de Pontevedra consumía un total de 12.983.599 metros cúbicos de auga ao ano.
Ence implantou nas últimas semanas un novo sistema de evaporación de condensados, que substitúe ás antigas torres de refrixeración da planta.
Este sistema fai posible a recuperación de condensados e a súa posterior reutilización no proceso de produción, cun substancial aumento do volume de auga reciclada utilizada na súa produción.
O uso destes vapores condensados no proceso permitirá substituír o uso de auga fresca co mencionado aforro do 20% no consumo total da fábrica.
Con esta medida, a empresa asegura manter o seu compromiso de implantar nas súas plantas de produción os máis avanzados sistemas e tecnoloxías para garantir un mellor comportamento ambiental.
Neste sentido, a compañía está a aproveitar os investimentos en mellora de eficiencia e modernización das súas fábricas para mellorar os parámetros ambientais.
Relacionadas:
-
A Xunta confirma que reduciu o caudal da concesión de auga da fábrica de Ence en Lourizán a un 60%
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot & Cristina Saiz |
-
Ence prevé case dobrar a súa EBITDA, que acadará os 550 millóns de euros en 2023
Por Noticia patrocinada |
-
A Xunta actualiza a autorización ambiental a ENCE con condicións mais restritivas
Por Oskar Viéitez |
-
A fábrica de Ence mellora os seus resultados ambientais
Por Oskar Viéitez |