A Plataforma de Lourizán pide un parque público nos Praceres con infraestruturas deportivas
Por Oskar Viéitez
A plataforma contra a ampliación da depuradora de Lourizán presentará unha solicitude de moción do pleno municipal, que trasladará Marea á próxima sesión, para que se sumen os diferentes partidos políticos para que o Concello de Pontevedra faga un proxecto de "parque público" con infraestruturas deportivas de mínimo impacto nos terreos de Os Praceres.
Queren que o Concello solicite a Costas a concesión por 5 anos prorrogables mentras non se recuperen os terreos de dominio público marítimo terrestre.
Estas infraestruturas deportivas, serían consensuadas entre o Concello e a veciñanza nunha asemblea aberta a celebrar en Lourizán unha vez que a proposta sexa aprobada no pleno.
Sinala esta plataforma que a súa idea é "un proxecto de interese xeral, desde o punto de vista social e ambiental". Engaden que ese espazo levaría o nome de "Parque da Dignidade" e "sería un auténtico pulmón verde".
En que caso de que os responsables de Costas deneguen a concesión, a plataforma pide que o Concello lle solicite ao ministerio que proceda á recuperación do dominio público marítimo terrestre ao seu estado orixinal.
Relacionadas:
-
Concello e veciños proxectan o futuro "Parque da Dignidade" de Lourizán
Por Redacción |
-
En Marea insta o Goberno do Estado a non autorizar a ampliación da depuradora dos Praceres
Por Oskar Viéitez |
-
Respaldo unánime a converter o antigo campo de fútbol de Praceres en zona deportiva e de lecer
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A plataforma de Lourizán sae á rúa pedindo unidade no medio dun cruzamento de criticas veciñal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A división no seo da Plataforma de Lourizán provoca o enfrontamento dos seus integrantes
Por Oskar Viéitez |
-
Os Praceres, convertido nun "camposanto da dignidade" contra a ampliación da depuradora
Por Redacción & Diego Torrado |