Medio Ambiente colaborará na humanización do centro urbano de Santa Lucía
Por Redacción
A Xunta de Galicia comprometeuse a colaborar coa execución dunha serie de intervencións no casco urbano de Santa Lucía, en Moraña, centradas sobre todo na humanización de rúas e na recuperación integral dalgunha praza.
Así o acordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a rexedora Luisa Piñeiro, que se reuniron este mércores para analizar diversos asuntos de interese para o municipio pontevedrés
A responsable autonómica comprometeuse a estudar con detalle o contido destes proxectos, que o Concello de Moraña quedou en enviarlle nas próximas semanas.