Foresa fai un simulacro do plan de emerxencia exterior da empresa en Caldas de Reis
Por Redacción
A empresa Foresa realizou este mércores un simulacro nas instalacións que ten a empresa en Caldas de Reis, onde activouse o Plan de Emerxencia Exterior. Nesta actividade participaron os diferentes grupos operativos da Xunta e dos concellos de Caldas de Reis e Portas.
O exercicio comezou coa simulación dun derrame de metanol ao romperse a mangueira do camión durante a operación de transvase. O operario máis próximo activou a alarma de emerxencia e mobilizouse á brigada de intervención do establecemento, xa que o condutor do camión precisaba asistencia, xa que se atopaba intoxicado polos vapores xerados.
O director de fábrica activou así o seu Plan de Emerxencia Interior e chamou ao 112 solicitando comunicación co técnico de garda, a quen informou do accidente.
O simulacro continuou coa presenza dos bombeiros, xa que se fixo necesario a axuda de medios externos, conseguíndose deter o derrame, pero sen que se coñecera a cantidade de metanol derramada, polo que contemplouse a posibilidade de que unha nube tóxica afectase ao exterior das instalacións.
Deste xeito, movilizouse ao 112 Galicia, indicando que o accidente producido pode derivar en categoría 2, precisándose medios externos, polo que o director xeral de Emerxencias e Interior, unha vez recibida a información, e avaliada polo xerente da Axega e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, ordenou a activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE), polo que se procede ao aviso a todos os membros e organismos implicados.
Dende o 112 se mobilizaron aos diferentes grupos operativos contemplados no plan (Intervención, Loxístico e Seguridade, Seguimento e Avaliación, Sanitario), e trala chegada dos bombeiros e do 061, evacuouse ao condutor intoxicado e controlouse o derrame, confirmándose que os niveis de metanol na atmosfera estaban por debaixo dos limiares de toxicidade establecidos, polo que se procedeu a desactivar de xeito escalonado o PEE, repregándose os efectivos participantes as súas bases.