Bueu mellora os accesos ás praias de Agrelo e Portomaior

Por Redacción
Unha subvención da Xunta de Galicia permitiu ao Concello de Bueu executar a mellora dos accesos ás praias de Agrelo e Portomaior, obras nas que se investiron 35.446 euros.
O alumeado público desa zona atopábase en moi mal estado, con innumerables deficiencias e carencias. Por iso, se optou por instalar 56 luminarias LED, de menor consumo e maior rendemento, que permitirán a redución do consumo en enerxía.
Concretamente, no Paseo José Solla colocáronse 30 luminarias nos accesos á praia desde a PO-551 que une Marín con Bueu, 14 no vial que vai da praia ao forno de panadería e 12 na estrada de subida ao serradoiro.
Estas accións foron encamiñadas á mellora do rendemento lumínico, a supresión dos farois obsoletos ou deteriorados e a uniformidade nos elementos de iluminación, a mellora da accesibilidade para os usuarios, a supresión do tendido aéreo da instalación de alumeado público e a colocación de elementos máis esveltos e con menor ocupación do espazo.