Educación e actividade física, alternativas para evitar o consumo de alcohol entre a mocidade
Por Redacción
Moraña acollía este xoves o acto central do Día Mundial sen Alcol, dentro do programa de prevención que se desenvolvía na Casa da Cultura coa presenza de decenas de escolares procedentes de centros do municipio e de Cuntis, Barro e Portas. Estes catro concellos comparten o programa de prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas.
A alcaldesa Luisa Piñeiro apostou por centrarse na poboación infantil ao ser a que máis absorbe os principios saudables e iso permite garantir o futuro. Afirmou que a formación educativa e a práctica deportiva é fundamental para evitar o consumo de alcohol entre a mocidade.
No acto tamén interveu o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares e a continuación desenvolvíase un Obradoiro de Neuropsicoloxía das adiccións a cargo de David del Castillo, neuropsicólogo da asociación DOA Saúde Mental de Vigo.
Nas súas explicacións centrouse en sensibilizar aos escolares sobre as consecuencias cognitivas que poden derivarse do consumo de drogas, facendo especial incidencia no consumo de alcol.
Relacionadas:
-
Tres anos de traballo para previr condutas aditivas en Cuntis, Moraña, Portas, Barro e Campo Lameiro con 30 accións executadas
Por Redacción |
-
Moraña impulsa un libro sobre igualdade feito por escolares
Por Redacción |
-
O Concello e o Sergas colaborarán para mellorar o centro de saúde de Cuntis
Por Redacción |