Mollabao expón as súas demandas aos candidatos á Alcaldía en 2019
Por Redacción
A asociación que, baixo o lema 'Mollabao si', loita desde hai anos xa por conseguir unha reforma integral do seu barrio convidou aos principais candidatos á Alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2019 a asistir á súa próxima asemblea veciñal para que coñezan a súa situación e reivindicacións.
A asemblea veciñal de Mollabao está prevista para o vindeiro mércores 21 de novembro ás 19.00 horas na parada de autobús que se atopa debaixo da ponte da autoestrada AP-9 e está confirmada xa a presenza de Cidadáns, PP e PSOE.
Segundo a información facilitada polo portavoz veciñal Juan Saenz-Dez Malvar, está confirmado que acudan a número 1 de Cidadáns, María Rey; o presidente local e portavoz do PP, Rafael Domínguez; e o portavoz municipal do PSOE, Agustín Fernández. Ademais, asistirán os concelleiros Iván Pontes (PSOE) e José Luis Martín (PP).
Os veciños tamén convidaron aos números uno e dous de Marea Pontevedra para as próximas eleccións, Luís Rei e Teresa Casal, pero aínda non teñen confirmación da súa presenza.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, en Mollabao: "Nos parece que el alcalde tiene que estar con los vecinos y no en París"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Mollabao Sí iniciará unha campaña de protestas nos actos de Lores ante o abandono do barrio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O PP levará ao vindeiro pleno as demandas da veciñanza de Mollabao
Por Redacción |
-
O PSOE protesta polo "estado calamitoso" da Rúa Mollabao
Por Redacción |
-
A reforma de Mollavao, pendente de Costas tras aceptar a Xunta transferir a PO-546 ao Concello
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello comeza a tramitar a solución "máis acaída" para a reforma de Mollabao
Por Alejandro Espiño |
-
O PP esixe a reforma integral de Mollabao
Por Oskar Viéitez |
-
Da maleza ao cascallo e o abandono. Mollabao expón o seu día a día e reivindica unha reforma integral
Por Mónica Patxot |