A xuízo en Pontevedra por abusar sexualmente dunha persoa con discapacidade psíquica
Por Redacción
Nove anos de prisión. É a condena que solicita a Fiscalía para un pontevedrés que será xulgado o vindeiro martes 20 de novembro na Audiencia de Pontevedra, acusado de abusar sexualmente a unha persoa con discapacidade física e psíquica.
Estes abusos producíronse, segundo o fiscal, "polo menos" durante os anos 2015 e 2016, nun número "indeterminado pero elevado" de veces.
O acusado coñecía, engade o representante do ministerio público, as limitacións das facultades psíquicas da vítima, que presenta un "atraso mental moderado" e ten un grao de discapacidade do 70%.
A pesar diso, este adoitaba buscar á vítima "para satisfacer os seus impulsos sexuais" e, tras convencelo ofrecéndolle diñeiro ou gominolas, levábao a zonas apartadas ou á súa propia casa para abusar sexualmente del.
Tras denunciarse os feitos, o xulgado de instrución número 2 de Marín decretou unha orde de afastamento, impedindo ao acusado achegarse a menos de 100 metros da vítima ou comunicarse con ela por calquera medio.
Ademais da pena de prisión, o fiscal pide ao tribunal que o acusado, ao que considera autor dun delito continuado de abuso sexual non consentido con abuso de trastorno mental e penetración, manteña ese afastamento da vítima durante dez anos e indemnícea con 20.000 euros polos danos morais sufridos.
Relacionadas:
-
Confirman cárcere para un septuaxenario que abusou sexualmente dun mozo con discapacidade psíquica
Por Redacción |
-
A xuízo por abusar dun menor con discapacidade á que enganaba con diñeiro ou lambetadas
Por Redacción |
-
A falta dun informe pericial obriga a suspender un xuízo por agresión sexual a un mozo con discapacidade
Por Natalia Puga |