Avecil agarda polo asfaltado integral da pista principal
Por Redacción
As obras de mellora nos principais accesos aos núcleos de Ponte Caldelas continúan. O barrio de Avecil, en Cuñas, foi o último en beneficiarse do plan do Concello para equilibrar o déficit histórico de investimentos no rural.
O asfaltado dun dos ramais principais, que comunica cunha vintena de vivendas, puxo fin ás fochancas e aos problemas de acumulación de augas pluviais. As obras melloraron tamén a entrada a varios portais e, fundamentalmente, a portas de garaxe que contaban con pendentes difíciles de resolver.
Trátase da segunda gran actuación que se acomete no barrio de Avecil, toda vez que a principios de ano xa se actuou no outro ramal principal, acabando tamén cos problemas de accesibilidade rodada.
O goberno local considera que xa só queda por actuar na pista principal, que parte da estrada autonómica e remata na central hidroeléctrica de Laforet, no río Verdugo. A actuación cinguirase á zona residencial desta pista que é, precisamente, onde se sitúan as principais deficiencias do firme, moi deteriorado polo paso de tempo.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas mellora o vial de entrada ao barrio do Val
Por Redacción |
-
Completan unha nova rede de pluviais na estrada entre Vilarchán con Contixe
Por Redacción |
-
Baltar terá o próximo verán unha pequena poza de baño
Por Redacción |
-
A futura estación termal de Ponte Caldelas terá tres piscinas, dúas delas ao aire libre
Por Redacción |