Moraña impulsa un libro sobre igualdade feito por escolares
Por Redacción
O Concello de Moraña acaba de presentar a súa programación de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que inclúen a elaboración dun libro sobre igualdade feito por escolares, dous obradoiros formativos e accións reivindicativas a través dunha pancarta e un manifesto.
Este proxecto global foi desvelado integramente pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, e as traballadoras do departamento de Servizos Sociais no salón de plenos.
A acción central desta semana consistirá na elaboración dunha pancarta con lemas reivindicativos a favor do cese da violencia de xénero, que será realizada polas participantes no obradoiro do Proxecto Círculo. En principio, agárdase que este mural se leve a cabo na reunión ordinaria do xoves para proceder ao seu colgado, na fachada do consistorio de Moraña, o venres 23, que é a data na que se celebrará o groso dos actos para favorecer a participación veciñal.
Nesa mesma xornada, e tras a colocación da pancarta, darase lectura a un manifesto oficial do Concello de Moraña no que se reiterará o rexeitamento absoluto á violencia de xénero, se amosará o apoio e solidariedade coas vítimas e a total repulsa cos maltratadores e se esixirá a todas as administracións que redobren os seus esforzos para rematar con esta lacra social.
Polo demais, o programa do 25-N de Moraña complétase con senllos obradoiros, de Relaxación Física e Mental e o citado Proxecto Círculo, e coa elaboración de "O libro violeta das nenas e nenos de Moraña", unha iniciativa impulsada entre Servizos Sociais e o CPI Santa Lucía que pretende introducir á poboación infantil na educación e os principios da igualdade.
Este libro está a ser realizado por todos os alumnos de Primaria e dos dous primeiros cursos de Secundaria do colexio morañés e verá a luz no mes de marzo, coincidindo co Día da Muller Traballadora, pero estanse artellando diversas posibilidades para favorecer a súa participación e darlle visibilidade nos actos do venres.
Relacionadas:
-
Reflexión e debate en redes sociais para fomentar a igualdade en Moraña
Por Redacción |
-
Os nenos e nenas de Moraña editan o seu primeiro libro sobre igualdade
Por Redacción |
-
Moraña conmemora o 25-N cunha pancarta e actividades educativas
Por Redacción |
-
A Xunta suma as prazas de abastos á campaña do día contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Moraña inicia as obras para crear unha senda fluvial nos ríos Cornide e Agra
Por Redacción |
-
Educación e actividade física, alternativas para evitar o consumo de alcohol entre a mocidade
Por Redacción |
-
Medio Ambiente colaborará na humanización do centro urbano de Santa Lucía
Por Redacción |