Un terremoto de magnitude 3.8 con epicentro no norte de Portugal nótase na provincia
Por Redacción
O Instituto Xeográfico Nacional detectaba ás 20.55 horas deste sábado 17 de novembro un lixeiro terremoto de magnitude 3.8 na escala de Richter, que se orixinaba no norte de Portugal. En concreto, o epicentro situábase na vila de Melgaço, no distrito de Viana do Castelo, a aproximadamente 80 quilómetros da cidade de Pontevedra.
A profundidade do movemento era de 12 quilómetros, segundo os datos do IGN. Cidadáns desde diferentes puntos da provincia manifestaron, a través das redes sociais, ter percibido o tremor.
O punto de orixe do terremoto atópase a ao redor de 15 quilómetros de municipios como As Neves, no sur da provincia de Pontevedra. O sismo non provocou danos, segundo informa o servizo de Emerxencias do 112 Galicia.
Pues confirmado: lo que he notado ha sido un "temblor" (terremoto). El primero en #Pontevedra que noto. Que sensación...
— Xavi Haro (@XaviHaro) 17 de noviembre de 2018
Sentido en muchos puntos de pontevedra y ourense https://t.co/Xz3V3tSNtc
— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) November 17, 2018
Un terremoto en Ourense?
— Mateo (@Mateo_231) November 17, 2018
Rexistradas unha trintena de chamadas de distintos concellos do sur de #Pontevedra e #Ourense polo tremor, sen danos, rexistrado no SE de #Melgaço.
— 112Galicia (@112Galicia) November 17, 2018
Ligazón coa información do @IGN_Sismologia: https://t.co/kw0ZRc4fPU
Relacionadas:
-
RADIO.- 2021 será un ano excepcional en canto a sismicidade en España, xa superou os 18.000 terremotos
Por Marisa Ciordia |
-
Cinco terremotos fan tremer Vilaboa nunha marxe de catro horas
Por Alejandro Espiño |
-
Cuntis, epicentro dun terremoto de dous grados na escala Ritcher
Por Redacción |
-
Dous movementos sísmicos rexístranse con epicentro en Ponte Caldelas en menos de 24 horas
Por Anxo Lourido |