O plan parroquial de Viascón, en marcha cun novo parque infantip
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de poñer en marcha o Plan Parroquial de Viascón, que está dotado con 170.000 euros en investimentos nos vindeiros meses, coas obras de construción dun novo parque infantil, que posteriormente terán continuidade, ao abeiro deste proxecto, co acondicionamento da Casa do Pobo e a mellora de diversas pistas municipais da rede viaria de Viascón.
A construción do novo parque infantil, demandado pola parroquia, ten un custo de 39.000 euros, no que se inclúe a instalación dunha soleira de formigón, peche perimetral, solo pavimentado en caucho e a colocación de elementos e estruturas de xogo, todo elo coa pertinente homologación.
O presidente municipal, Jorge Cubela, detallou que este plan parroquial, o quinto deseñado nas últimas semanas tras os de Tenorio, Carballedo, Almofrei e Augasantas e que precedeu ao de Valongo, tamén está executando paralelamente a rehabilitación da Fonte do Castro por parte da Brigada Municipal de Obras.
O rexedor explicou que posteriormente procederase á reforma e mellora da Casa do Pobo, dotada con 30.000 euros ao abeiro do Plan de Centros Veciñais 2019, e ao acondicionamento de gran parte da rede viaria municipal desta parroquia cunha partida de 100.000 euros.
Relacionadas:
-
A parroquia de Valongo, en Cotobade, terá un novo parque infantil
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade iniciará en breve a reforma da Casa do Pobo de Viascón
Por Redacción |
-
O plan parroquial para Borela prevé a construción de dous depósitos de auga
Por Redacción |
-
Arrancan as obras do Plan de Vías de Cerdedo pola parroquia de Quireza
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade programa o inicio de obras en seis pistas
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade encarga un plan para reparar e mellorar a seguridade nos parques infantís
Por Redacción |