Os veciños de Vilalonga poderán estrear o edificio cultural do Revel no Nadal de 2019
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo licitou as obras de construción do novo edificio cultural do Revel na parroquia de Vilalonga, que poderá ser estreado polos veciños no Nadal de 2019.
Será un edificio de 1.500 metros cadrados de superficie, distribuídos dúas plantas que inclúe, entre outros equipamentos, un auditorio e que ten un orzamento total de 1.555.577 euros.
A tramitación da asignación do remanente de tesourería está a ser máis longa do esperado. O goberno púxose o obxectivo de sacar esta licitación antes de terminar o ano.
A construción deste edificio interrompeuse en 2008 cando estaba feita a cimentación e unha parte da estrutura, nas que se investiron preto de 300.000 euros.
A parcela na que está situado, no Revel, ten unha extensión de máis de 2.500 metros cadrados e conta cos servizos de rede de abastecemento de auga e saneamento, enerxía eléctrica e a zona dispón de beirarrúas e iluminación pública.
O proxecto inclúe a creación dun aparcadoiro dentro da parcela.
O goberno fará unha reunión coas diferentes asociacións e colectivos de Vilalonga para presentar este proxecto.
Relacionadas:
-
Sete empresas presentan as súas ofertas para a construción do edificio cultural O Revel
Por Redacción |
-
Os veciños de Vilalonga coñecen os proxectos para a parroquia
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo espera adxudicar as obras do novo centro sociocultural de Vilalonga antes de final de ano
Por Redacción |
-
O concello pide unha subvención á Deputación para construír o centro sociocultural de Vilalonga
Por Redacción |
-
O goberno local traballa na revisión do proxecto do centro social de Vilalonga
Por Redacción |