Regresa a Marín o 'minimercado' de Nadal
Por Redacción
O vindeiro venres día 14 de decembro, en horario de 17:00 a 21:00 horas, terá lugar na carpa situada na Alameda Rosalía de Castro o segundo Mini Mercado de Nadal, organizado polas asociacións de nais e pais dos centros educativos de Marín en colaboración co Concello.
O Mini Mercado de Nadal busca recaudar fondos para as excursións de fin de ciclo do alumnado e albergará varias actividades orientadas a diferentes públicos: talleres de adornos e tarxetas de Nadal, pulseiras, maquillaxe, cartas a Papá Noel e Reis Magos e Buzón Real.
O seu obxectivo tamén é proporcionar unha actividade lúdica para o alumnado que lles achegue valores como o traballo en grupo, iniciativa emprendedora, esforzo colectivo para un fin común, consumo responsable e sustentable.
No mercado venderanse obxectos de segunda man doados pola comunidade educativa dos centros e as súas familias e produtos de elaboración propia. Algúns centros optarán pola venda de obxectos de agasallo ou rifas.
O conxunto de ANPAS participantes (Nosa señora do Carme, Rio Inferniño- EEI O Grupo, Viñas Brancas-CEIP Carballal, Fonte do Peso-CEIP A Laxe, Abelendos-CEIP Seixo, Aidon-CEIP Sequelo, San Narciso de Marín, Martín Herrera- CPR Inmaculada e IES Mestre Landín) quedou moi satisfeito coa primeira edición, realizada o ano pasado e mantén as expectativas para que esta segunda edición sexa un éxito, polo que convidan a toda a veciñanza a participar.
Relacionadas:
-
O Mini Mercado de Nadal abrirá o sábado 11 de decembro na Alameda de Marín
Por Redacción |
-
Marín xa está preparado para iluminar o Nadal a partir deste mércores
Por Redacción |
-
O acendido da iluminación do Nadal en Marín, o día 5 de decembro
Por Redacción |
-
O venres abre en Marín o Mini-Mercado de Nadal
Por Redacción |