O PP na Lama, molesto coa Xunta pola ausencia de novos investimentos na estrada de Seixido
Por Redacción
Os integrantes do grupo municipal do Partido Popular na Lama móstranse preocupados porque non se contempla nos orzamentos da Xunta para 2018 a continuidade das obras de mellora na estrada PO-235, coñecida como a estrada de Seixido.
A primeira fase desta obra xa se está executando e os populares queren saber cando se acometerá a segunda.
Por este motivo, o alcalde da Lama, Jorge Canda, solicitou unha entrevista persoal co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para reclamar unha obra que entende que é de vital importancia para o municipio ao tratarse unha das principais demandas veciñais. A solicitude, segundo os populares, realizouse hai uns días e aínda non recibiu resposta.
AXUDAS DE 500 EUROS ANUAIS A SEIS BEBES
Por outra banda, no pleno da corporación municipal da Lama aprobouse por unanimidade a concesión dunha axuda de natalidade de 500 euros anuais, durante dous anos, ás familias de seis bebés que naceron este 2018 no municipio.
O concelleiro do Partido Popular Domingo Ramos ausentouse durante a discusión deste tema por tratarse dun dos beneficiarios destas axudas. Desta forma evitou incorrer en calquera tipo de incompatibilidade.
Tamén, entre outros temas, analizouse a execución orzamentaria que ofrece o dato de que o Concello da Lama ten un nivel de solvencia cun período medio de pago de facturas a provedores de 11,72 días, por baixo do que establece a normativa.
Relacionadas:
-
Luz verde ás expropiacións para executar as obras da PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
1,5 millóns de euros irán destinados á segunda fase de mellora da estrada de Seixido, na Lama
Por Redacción |
-
Avanza a tramitación da segunda fase da mellora da estrada PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |