Neste programa de PontevedraViva Radiotoca falar dunha cuestión relacionada coa obediencia do can: a chamada.
Diego Álvarez, adestrador canino en Podcans, dá unha serie concreta de pautas, que poden pasar por máximas xerais como: nunca asociar o nome do can con cousas negativas - castigos - xa que estes animais traballan por asociacións.
Unha boa forma de empezar é premialo todas as veces que se achega. E por seguridade, "se non nos fiamos do can solto poderemos traballar cunha correa longa e lixeira para evitar na medida do posible o condicionamento e resistencia.
Ese adestramento da chamada pode "ensuciarse" con accións erróneas que Diego Álvarez enumera para que se eviten; e ao contrario poden axudarse e reforzarse con comandos, premios ou accións que igualmente detalla en Podcans.
Calquera dúbida, pregunta ou suxestión sobre este tema ou outro relacionado cos cans pode remitirse ao correo electrónico podcans@gmail.com
A fotografía que acompaña este programa corresponde a Sil. Este mastín atópase no Protectora Occidente Astur. Pesa uns 60 quilos, está cego consecuencia da diabetes; é un animal sociable tanto con persoas como con outros cans, é moi tranquilo e ten aproximadamente seis anos. Quen poida estar interesado na súa adopción pode poñerse en contacto a través da web apaoccidenteastur. com ou o seu perfil de Facebook Protectora de animais Occidente Astur.