Froiz xa ten licenza para construír a súa nave conxeladora no polígono de Barro
Por Redacción
O Concello de Barro aprobou a licenza de obra solicitada por Distribuciones Froiz para a construción da nave industrial para produtos conxelados que terá no polígono industrial de Barro-Meis, situado en Curro.
A nave, segundo confirma o goberno municipal, ocupará 3.803 metros cadrados dunha parcela de 9.594 metros. A superficie construída chegará ata os 4.411 metros cadrados.
O orzamento deste proxecto alcanza os 867.605 euros.
Ademais desta licenza, Barro aprobou tamén as licenzas de primeira ocupación para a nave almacén de pinturas e tenda de Dispaint Galicia e para a nave para almacén de POMASA no polígono industrial de Sequeiros; e para o proxecto de nave para aparcamento de autobuses a Novas Rías, no polígono de Curro.
Relacionadas:
-
A nova nave de Froiz, primeira en España con autoconsumo fotovoltaico de última xeración
Por Redacción |
-
Novo impulso ao polígono de Barro-Meis: contratan os servizos da EDAR e a ETAP
Por Redacción |
-
As obras da nave Froiz en Barro avanzan a gran ritmo
Por Redacción |
-
Froiz comezará este ano as obras da súa plataforma de conxelados no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O 54% da superficie do polígono de Barro xa está adxudicada
Por Redacción |
-
Froiz e Yatecomeré mercan catro novas parcelas no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |