Dura sentenza contra o Concello de Vilanova pola súa denuncia contra o Plan de Reequilibrio
Por Oskar Viéitez
O xulgado contencioso administrativo número 1 de Pontevedra acordou desestimar o recurso interposto polo Concello de Vilanova de Arousa contra o acordo plenario da Deputación de Pontevedra que rexeitou a súa solicitude dunha subvención de 1.500.000 euros para a construción dun centro de talasoterapia, no marco do Plan de Reequilibrio desta institución.
O deputado Carlos López Font deu a coñecer este fallo xudicial no transcurso do pleno ordinario da Deputación de Pontevedra celebrado este venres.
Na sentenza, o maxistrado sinala que o Concello de Vilanova de Arousa presentou "en fraude de lei" como única documentación técnica no período de presentación de candidaturas a que se corresponde a unha obra xa realizada, "co único propósito de conseguir artificiosamente unha ampliación do prazo para redactar e presentar o verdadeiro proxecto".
Engade a sentenza que con esta estratexia o Concello, "ademais de infrinxir a referida base terceira da convocatoria, obtiña subrepticiamente unha clara vantaxe fronte aos seus competidores" e lembra que o Plan de Reequilibrio ten un procedemento de concorrencia competitiva con fondos limitados.
O maxistrado lembra que lle corresponde ao demandante, é dicir ao Concello, a carga da proba para acreditar a súa versión "e o certo é que non o fixo minimamente" xa que "non achegou ningunha proba convincente para demostrar o seu relato" e pola contra "a proba promovida pola Deputación reforzou a súa formulación", recolle a sentenza.
A exclusión do Concello de Vilanova destas axudas provinciais enfadara ao alcalde da localidade, o popular Gonzalo Durán, quen chegou a dicir que estaba a ser "víctima de un claro ejemplo de sectarismo político" e definiu á Deputación como "un órgano político gobernado por el Ayuntamiento de Vigo, por el anciano Abel Caballero y su chacha para todo, que es Carmela Silva".
Durán interpuxo tres denuncias diferentes contra a Deputación nos xulgados. A do Plan de Reequilibrio é a primeira en resolverse.
Relacionadas:
-
A xuíza cita como investigado a Gonzalo Durán por chamar "chacha para todo" a Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE non participará na Mancomunidade do Salnés mentres o alcalde do "chacha para todo" sexa presidente
Por Redacción |
-
Gonzalo Durán denunciará á Deputación pola vía penal e advirte que "alguno podría acabar en la cárcel"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG de Moraña considera "bochornoso" o apoio de Luisa Piñeiro á "actitude machista" do alcalde de Vilanova
Por Redacción |
-
Gonzalo Durán non se arrepinte de chamar "chacha para todo" a Silva e demanda á Deputación por "malversación"
Por Redacción |
-
A Deputación ampliará a denuncia contra Gonzalo Durán
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo ve "desacertado" ter chamado "chacha para todo" a Carmela Silva
Por Alejandro Espiño |