Tras 24 anos como alcalde Nito Sobral quere seguir no cargo ata o 2022
Por Oskar Viéitez
Desde o ano 1995 Luciano Sobral, Nito, é o alcalde de Poio co BNG. Esta formación política renovoulle a confianza para que sexa de novo o seu candidato nas eleccións municipais do próximo mes de maio.
Este venres o responsable local do partido, Xosé Luís Martínez, acompañado de membros da asamlea nacionalista de Poio, presentou a Luciano Sobral como "o mellor candidato para gobernar outros catro anos".
Sobral foi o único aspirante que se presentou no proceso aberto polo BNG, aínda que asegura que "non me considero imprescindible".
O histórico nacionalista asegurou que para el é "un orgullo poder volver encabezar un equipo de traballo dunha organización política que ten presenza no Concello desde o 1979" polo que afirma que Poio "leva no ADN ao BNG".
Afronta este reto con "un proxecto que ten as ideas claras para transformar a vida de Poio" situando como principais retos conseguir melloras sanitarias para o municipio, o PXOM e un parque industrial cargando contra a Xunta por "tentar frear moitos dos proxectos" do goberno local.
Tras 24 anos como alcalde Nito Sobral afronta un novo proceso electoral e chancea "non sei se van ser as últimas", pero por agora "como di o Cholo Simeone, vamos partido a partido".
Relacionadas:
-
Luciano Sobral presenta a candidatura do BNG en Poio coa meta de "alcanzar a maioría para gobernar"
Por Diego Espiño |
-
Desatascar Fragamoreira, novos equipamentos e un vial alternativo á PO-308, prioridades para o BNG
Por Alejandro Espiño |
-
O PP xa ten candidato á Alcaldía de Poio: Angel Moldes repetirá
Por Redacción |