CC.OO. acusa ao Concello de Sanxenxo de modificar ilegalmente as condicións de traballo do SAF
Por Oskar Viéitez
O Xulgado do Social número 4 de Pontevedra estimou a demanda de conflicto colectivo presentada por Comisións Obreiras contra a "modificación substancial das condicións de traballo" do personal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por parte do concello de Sanxenxo.
O sindicato xustifica esta medida en que estas modificacións "non foran negociadas previamente cos representantes dos traballadores, ordenando que as traballadoras non teñan que facer guardias localizadas no seu día de descanso nin que se aplique a distribución irregular da xornada de traballo".
O Concello de Sanxenxo contratou os servizos da consultora CIGESOC para facer un estudo sobre o funcionamento do SAF que lle foi entregado ao goberno municipal o 28 de febreiro.
Segundo Comisións Obreiras as propostas que realizou a consultora "conteñen un grave erro", posto que non aplican o convenio colectivo propio do concello de Sanxenxo.
As modificacións das condicións de traballo que impuxo o concello, e que provisionalmente quedaron sin efecto, son as que lle suxeriu CIGESOC e que o goberno municipal non trasladou a mesa de negociación do convenio colectivo cuxa negociación rematou o día 3 de xullo.
Para o secretario de organización de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, esta actitude do goberno municipal demostra unha "evidente mala fe e falta de respecto aos representantes dos traballadores e as propias traballadoras, xa que tomaron a decisión de negociar un convenio colectivo que regula as condicións de traballo do personal, para acto seguido e simultaneamente non aplicalo".
García Pedrosa indicou que en Comisións Obreiras "non estivemos participando máis dun ano na negociación do convenio para que agora veña o goberno a tratar de aplicar medidas que non respectan o negociado".