Pontevedra estrea iluminación para este Nadal entre paraugas
Por Redacción
Un neno, invitado polo alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, foi o encargado de pulsar o interruptor de encendido da iluminación que decorará o centro de Pontevedra durante as festas de Nadal deste ano.
Ás 18.15 horas deste mércores, decenas de persoas baixo paraugas asistían a esta inauguración das luces, que se encontraba amenizada por música de swing. A iluminación melloraba notablemente a proposta das navidades de 2017, pero nesta ocasión, o acto viuse empañado polos fortes chuvascos que se rexistraron durante a tarde-noite.
A principal estrutura de 30 metros de altura, con luces que cambian de cor e unha estrela, atópase instalada na praza da Ferrería. Cunha forma cónica permite a aqueles que o desexen pasar polo seu interior e ter outra perspectiva da árbore. A concelleira de Festas, Carme da Silva, amosábase moi contenta co resultado e coa aceptación por parte do público asistente.
Paulatinamente tamén iluminouse a decoración polas rúas do centro da cidade e a bola, de 6 metros de diámetro, situada no cruce entre Daniel de la Sota e Peregrina. Este ano ilumínanse rúas como a avenida da Estación, a avenida de Vigo, María Victoria Moreno, Xeral Rubín, Josefina Arruti, Loureiro Crespo e a avenida de Lugo, entre outras.
Instaláronse 386 motivos de iluminación de Nadal no centro histórico e en barrios e parroquias como A Seca, Ponte Sampaio e Monte Porreiro. Tamén decorouse a balconada de pedra do edificio da Casa Consistorial. Ademais, o Concello colocou flores de Pascua nas xardineiras de Benito Corbal.
En total, instaláronse catro árbores de Nadal no centro da cidade: na praza da Audiencia, praza de Curros Enríquez, Méndez Núñez, ademais do da Ferrería.
Relacionadas:
-
O Concello promete unha iluminación "digna" e sen "despilfarros" no próximo Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Así felicita Pontevedra o Nadal
Por Redacción |
-
O banco "máis amoroso" do Nadal está en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
VIDEO.- Lores, costa abaixo e sen freos... polo Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha rampla para público de todas as idades proxecta unha chea de actividades para este Nadal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP critica a carencia de iluminación do Nadal nos barrios e parroquias
Por Redacción |