Ence proba con éxito en Pontevedra o uso do piñeiro na fabricación de celulosa
Por Oskar Viéitez
"Nos parece bien que haya cupos y que se reduzca la superficie de eucalipto". Así o dixo Ignacio de Colmenares, vicepresidente e conselleiro delegado da empresa ENCE, na presentación do Plan Estratéxico 2019-2023 no que se planea un aumento da capacidade das súas fábricas dun 36% durante esta etapa.
Portugal está a fixar límites ao eucalipto e Galicia elabora un novo plan forestal que prevé novas limitacións á especie, polo que os directivos de Ence deseñan a súa estratexia ante o novo escenario.
A compañía pasteira fixo probas na planta de Pontevedra para introducir o piñeiro na fabricación de celulosa e os seus clientes quedaron "encantados" do produto final logrado aínda que os custos son algo maiores.
Tamén tivo éxito na adaptación ao eucalipto nitens que xa representa o 26% das súas compras, ao redor de 3 millóns de toneladas de madeira. No ano 2015 o nitens apenas supoñía o 9% das súas compras.
En Galicia hai unhas 500.000 hectáreas de eucalipto das que, segundo explicou Ignacio de Colmenares, unhas "120.000 son una porquería y están medio abandonadas". O vicepresidente de ENCE asegurou que "hay que ser realistas" e ser conscientes de que a cidadanía "le tiene manía al eucalipto" polo que, "si queremos ser sostenibles y tener futuro hay que afrontar esto", explicou o directivo.
A día de hoxe hai máis de 450.000 hectáreas de piñeiro no noroeste peninsular.
NOVOS PRODUTOS
O papel hixiénico ou o de cociña é o destino final da maior parte da produción de Ence, pero a empresa xa traballa en diversificar a súa fabricación a partir de 2019 máis aló do tisú da man da viscosa, unha fibra de celulosa destinada á industria téxtil e á elaboración de produtos hixiénicos absorbentes.
Relacionadas:
-
A madeira do piñeiro galego ten a súa oportunidade no sector da construción
Por Redacción |
-
Ence incorpórase ao selectivo IBEX 35
Por Redacción |
-
Ence prevé case dobrar a súa EBITDA, que acadará os 550 millóns de euros en 2023
Por Noticia patrocinada |
-
Ence investiga como fabricar novos materiais baseados nas nanocelulosas
Por Oskar Viéitez |