Mercar no comercio local ten premio en Nadal
Por Redacción
A Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa (AEMPE) presentou a súa campaña de Nadal para incentivar as compras no comercio local de Pontevedra.
"O teu Nadal, a nosa vida!" reza unha iniciativa na que participarán preto de 350 establecementos da cidade. A campaña Desenvolverase entre o 12 de decembro e o 11 de xaneiro con 8.000 euros en premios.
Cada cliente que compre nos comercios adheridos recibirán unha tarxeta cun código que deben rexistrar na web www.aempe.com para entrar no sorteo.
Os premios mantéñense con respecto a edicións anteriores, cun vale de 1.000 euros a gastar nas tendas locais como maior recompensa, 500 euros o segundo premio e 300 euros o terceiro. Ademais repartirase vales de 150, 100 e 50 euros.
A campaña de Nadal de AEMPE foi presentada polo seu presidente, José María Corujo, a vicesecretaria Conchi Pereiro e Hermenegildo Novoa, directivo da asociación.