A Deputación financia a mellora de viais en Esfarrapada, O Sobreiro, Tourón, Taboadelo e Pazos
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este luns unha nova achega para o municipio de Ponte Caldelas por un total de 98.603,83 euros, no marco do Plan Concellos 2019.
Con estes cartos o goberno local financiará as obras de mantemento e mellora da rede de camiños municipais nos lugares de Esfarrapada, O Sobreiro, Tourón, Taboadelo e Pazos.
A institución provincial xa adxudicou o 100% dos investimentos solicitados por Ponte Caldelas ao abeiro do Plan Concellos deste ano 2018, polo cal tivo a súa disposición 956.080,08, un 75,30% máis que o ano anterior.
Con estas achegas Ponte Caldelas puido financiar este ano a humanización dos xardíns de Gerardo Carballal, a mellora da pavimentación na vila, a inversión nun servidor e sai para a casa consistorial, as actuacións musicais na Festa das Dores, a asistencia técnica para a contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e a contratación de 10 traballadores que están a desempeñar funcións no concello, entre outros gastos.