O BNG aproba sen sobresaltos, coa abstención de PSOE e Marea, o orzamento de 2019
Por Alejandro Espiño
Un mero trámite. Así foi a aprobación en pleno do orzamento municipal de Pontevedra para 2019. A anunciada abstención de PSdeG-PSOE e Marea permitía ao BNG chegar ao Teatro Principal coa seguridade de que as súas contas sairían adiante. Tanto é así que o debate político apenas durou unha hora e ninguén se saíu do guion previsto.
Pontevedra, por tanto, xestionará un orzamento de 76.6 millóns de euros para o próximo ano. O responsable de Facenda, Raimundo González, destacou que son unhas contas "espectaculares" e que, con diferenza, son "as mellores da historia" da cidade.
O orzamento demostra que hai un concello "saneado", que a débeda municipal é "residual" e que existen recursos propios "máis que suficientes" para afrontar uns investimentos que, sumadas as obras derivadas dos contratos da auga ou as piscinas ou as conveniadas con outras administracións, ascenderán a 65.7 millóns.
"Haberá investimentos por un tubo", sinalou González, que ironizou con que estes orzamentos "son como os espárragos, cojonudos".
Xunto cos investimentos, un total de 33.8 millóns destinaranse en 2019 a gastos correntes, 23.3 millóns de euros a pagar ao persoal municipal e redúcese un 28% o diñeiro destinado a amortizar crédito. Isto é posible, dixo, a pesar de conxelar as taxas e impostos por quinto ano consecutivo e ser unha das cidades con menor presión fiscal de España.
Todo iso no seu conxunto, fai que o Concello teña, concluíu o concelleiro de Facenda, "suficiente músculo financieiro" para afrontar todas as súas obrigacións.
CRÍTICAS DA OPOSICIÓN
As contas para 2019 foron aprobadas, a pesar de todo, entre as críticas da oposición. Os sete edís do PP e a concelleira de Cidadáns votaron en contra, mentres que os socialistas e Marea, a pesar de garantir a súa abstención, tamén afearon certos aspectos.
Así, María Rey destacou que o orzamento non achega "nada nuevo en el horizonte", ao recoller "las mismas partidas, los mismos números y la misma declaración de intenciones" que anos anteriores. Pontevedra, engadiu, "necesita un cambio" e prepararse para que a cidade "crezca y se modernice".
Para iso Cidadáns defendeu que Pontevedra necesita, entre outras cuestións, máis limpeza, mantemento e seguridade, máis atención aos seus servizos sociais, obras nos barrios e parroquias, un PXOM "del siglo XXI", unha promoción económica "que piense a lo grande", que as empresas poidan crecer ou que haxa transporte urbano.
Lores, segundo Rafa Domínguez, "hace obras en la zona de los ricos y abandona la zona de los pobres"
Rafa Domínguez, pola súa banda, asegurou que o PP discrepa "profundamente" destes orzamentos, ao entender que "no contentan a nadie" e censurou que Lores "hace obras en la zona de los ricos y abandona la zona de los pobres".
O líder popular censurou que o BNG non negocie cos seus funcionarios, que non palíen a "nefasta" situación económica da cidade, que sexan "pésimas" para os servizos sociais, que os cidadáns paguen impostos "elevadísimos", que os "pírricos" investimentos "no se preocupen" de barrios e parroquias ou que "una vez más" non haxa transporte público.
Además, asegurou que este orzamento é o de "las tres vergüenzas", xa que ao BNG sumou a PSdeG-PSOE e a Marea, aos que ve que "se pelean por ser muleta de Lores".
O socialista Tino Fernández, que agradeceu a "vontade de diálogo" do BNG, sinalou que a súa abstención débese a que "non son os nosos" orzamentos e a que non buscan "entorpecer" o últimos seis meses de mandato dun goberno que ten un "importante respaldo" dos cidadáns, para que Pontevedra "avance no ritmo e no xeito que todos desexamos".
A pesar diso, Fernández lamentou que Pontevedra teña unha planificación fiscal "do século XX", que haxa un "importante traballo de maquillaxe" nas contas, que non se corrixan os "desequilibrios" cos barrios e parroquias, que a política social estea "á deriva" ou que houbese "tempos mellores" para os clubs deportivos da cidade.
Luís Rei, por último, aprecia que estas contas demostran a "incompetencia" do goberno municipal ao presentar unhas contas que son "un calco" doutros anos. Este orzamento é aceptable, dixo, como un "marco" para partir do cal "pintaremos ou cadro" cando se constitúa a nova corporación que salga das eleccións municipais de maio.
Relacionadas:
-
O superávit municipal de 2018 superou os 6 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello reserva 370.000 euros para asumir o aumento salarial dos seus traballadores
Por Alejandro Espiño |
-
Rexeitan todas as alegacións presentadas ao orzamento municipal de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Tino Fernández: "Sempre que estivemos no goberno, o Concello funcionou mellor"
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno municipal redactará "inmediatamente" o proxecto de reforma de Mollavao
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG ignora as emendas de Cidadáns e non acepta que se debatan xunto ao orzamento para 2019
Por Redacción |
-
Marea e Cidadáns presentan enmendas ao orzamento municipal de 2019
Por Redacción |
-
O PP rexeita o orzamento de 2019 por non facer do emprego a súa prioridade
Por Redacción |