A Xunta inicia as obras da senda peonil entre O Souto e Silvoso, en Moraña
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este venres o concello de Moraña co obxectivo de comprobar o inicio das obras de execución da nova senda da PO-226, entre O Souto e Silvoso.
Na visita estivo acompañado da alcaldesa da localidade, Luisa Piñeiro, así como do xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra, José Luis Díez. Os traballos executaranse entre os puntos quilométricos 3+430 e 3+650 e contarán cun orzamento que rolda os 50.000 euros.
O obxectivo destas obras é construír unha senda na marxe esquerda desta estrada, en formigón coloreado e cun ancho de 1,8 metros. A obra completarase coa instalación dunha tubaxe para a canalización do drenaxe e doutra para o alumeado, de cara a que, posteriormente, tal e como explicou Cores Tourís, o concello poida instalar farois sen afectar á senda.
Na actualidade, a zona onde se vai a executada a senda conta con cunetas de terra e sobreanchos, así como acceso a algunha granxa e unha zona de terraplén que obrigará á construción dun muro de contención, ademais de ter que retranquear unha liña eléctrica de baixa tensión e mover seis postes de liñas eléctricas e un de servizos telefónicos. No tramo anterior do muro de contención instalarase unha varanda metálica de protección para os peóns que irá ancorada ao muro.
"Esta obra execútase trala solicitude realizada polo Concello de Moraña", engadiu o delegado territorial, "e se pon en marcha a través dun convenio polo que a Axencia de Infraestruturas comprométese a executar e financiar os traballos mentres o Concello comprometeuse a por a disposición da Xunta os terreos necesarios e asumir a titularidade do dominio público viario no tramo por onde transite a senda".