O PSOE non participará na Mancomunidade do Salnés mentres o alcalde do "chacha para todo" sexa presidente
Por Redacción
As declaracións do alcalde de Vilanova, o 'popular' Gonzalo Durán, nas que chamaba " chacha para todo" á presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, seguen dando rabexadas na vida política da comarca do Salnés. Os representantes do PSdeG-PSOE na mancomunidade non volverán participar nesta institución mentres o autor dos insultos siga sendo presidente.
Os representantes socialistas na Mancomunidade do Salnés ausentáronse dunha reunión celebrada esta semana e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, insistiu en en que, tal e como xa dixeran tras aquelas declaracións hai máis de dous meses, "mentres Gonzalo Durán sexa presidente non imos participar na mancomunidade".
O alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, explicou que "non podemos permitir a degradación dunha institución vital para a comarca" e lembrou que a mancomunidade é unha institución de adscrición libre na que non están obrigados a participar e non o farán mentres o PP non adopte medidas e nome outro presidente.
Os representantes do PSOE xa lle propuxeron ao PP o cambio de presidente tras aquelas desafortunadas declaracións, de modo que, segundo Alberto Varela, "a pelota estaba non seu tellado e decidiron facer caso omiso".
Os alcaldes de Vilagarcía e A Illa amosaron esta postura firme do seu partido acompañados polo alcalde do Grove, José Cacabelos; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; e a secretaria xeral de Vilanova de Arousa, Sheila Ferreira.
Relacionadas:
-
Gonzalo Durán reafírmase en chamar "chacha para todo" a Carmela Silva por facer o "traballo sucio" a Abel Caballero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dura sentenza contra o Concello de Vilanova pola súa denuncia contra o Plan de Reequilibrio
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Durán non se arrepinte de chamar "chacha para todo" a Silva e demanda á Deputación por "malversación"
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo ve "desacertado" ter chamado "chacha para todo" a Carmela Silva
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Piden a dimisión do alcalde de Vilanova tras chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación
Por Diego Espiño |